A persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo efectuou o requirimento de documentación relativo ao procedemento de cancelación que se relaciona no anexo a este anuncio e cuxo contido se recolle de forma resumida.
O dito requirimento non se puido notificar persoalmente á persoa interesada. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, polo que se efectúa esta notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. De non cumprir co requirimento, daranse por desistidos da súa solicitude, polo que se ditará a resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de cancelación.
Lugo, 5 de decembro de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expediente |
DNI/NIE |
Acto notificado |
|
LU-PR212E-2025/00362 |
76620127C |
Requirimento de documentación. Vid. artigo 23.2.b) do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia |
