A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 54, do 19 de marzo, acordou aprobar inicialmente e someter a información pública o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar-fase III.
Ao non poderlles realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio, notifícaselles o dito trámite e concédeselles un prazo de 20 días hábiles para presentar as alegacións que se consideren oportunas.
As alegacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial sometida á información pública está dispoñible na páxina web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial?content=expediente_0006.xml
A eficacia da notificación deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE). Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
|
Referencia catastral |
Nome |
|
32059A044001630000OG |
Blanco Evaristo |
|
32059A044002120000OJ |
Cantón Pérez, María Carmen |
|
32059A044002120001PK |
Cantón Pérez, María Carmen |
|
32059A044001720000OM |
Descoñecido |
|
32059A044001730000OO |
Descoñecido |
|
32059A044001590000OY |
Ferreiro María |
|
32059A044000290000OB |
Ferreiro Pérez, José |
|
32059A044001970000OP |
Ferreiro Rodríguez, María Rosa (herdeiros de) |
|
32059A044001830000OE |
Gómez Gómez, Consuelo (herdeiros de) |
|
32059A044000120000OO |
Gómez Lorenzo, José Ramón |
|
32059A044000120001PP |
Gómez Lorenzo, José Ramón |
|
32059A044001420000OK |
Gómez Pérez, Francisco (herdeiros de) |
|
32059A044000340000OG |
Gómez Blanco, María (herdeiros de) |
|
32059A044000380000OT |
Gómez Blanco, María (herdeiros de) |
|
32059A044001620000OY |
Gómez Blanco, María (herdeiros de) |
|
32059A044001870000OH |
González Cid, Palmira |
|
32059A044001660000OL |
López Camba, Manuela (herdeiros de) |
|
32059A044001090000OD |
Lorenzo Varela, María |
|
32059A044001700000OT |
Lorenzo Varela, María |
|
32059A044002090000OJ |
Pérez Formoso, Concepción (herdeiros de) |
|
32059A044002090001PK |
Pérez Formoso, Concepción (herdeiros de) |
|
32059A044001950000OG |
Rodríguez Sequeiros, Sol (herdeiros de) |
|
32059A044002010000OF |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002010000OF |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002010001PG |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002010001PG |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002080000OI |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002080000OI |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002080001PO |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002080001PO |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002140000OS |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002140000OS |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002140001PD |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044002140001PD |
Sandianes Pérez, Rosario |
|
32059A044001010000OP |
Sequeiros Vilarchao, Carlos |
|
32059A002002210000OS |
Somoza Pato, Julio |
|
32059A002002200000OE |
Ramos López, Ángel |
|
32059A046000750000OU |
Pérez Rodríguez, José Carlos |
|
32059A044000860000OE |
Estévez Varela, Pamela |
