DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66322

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025 polo que se lle dá publicidade á Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convoca o proceso de selección para a cobertura, mediante contratación laboral fixa, dunha praza de director/a técnico/a do Centro de Fabricación de Inmunoterapias Celulares Avanzadas da Unidade de Produción de Fármacos, situado en Santiago de Compostela.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no artigo 13, epígrafe f, do Convenio colectivo para o persoal do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

Resolve:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, mediante contratación laboral fixa, dunha praza de director/a técnico/a (categoría: facultativo/a especialista xefe/a servizo, grupo 1, código G-1-32) do Centro de Fabricación de Inmunoterapias Celulares Avanzadas da Unidade de Produción de Fármacos, situado en Santiago de Compostela.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego público/Outros procesos selectivos/Galaria).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.