DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 2025 Páx. 66221

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2025 pola que se nomea profesor titular de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria, este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e as demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte da persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 15 de decembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-X01-813-TU-TC-01.

Corpo:

Profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento:

A0813 Traballo Social e Servicios Sociais.

Departamento:

D00X01 Análise e Intervención Psicosocioeducativa.

Centro de traballo:

105 Facultade de Educación e Traballo Social.

DNI:

***5786**.

Nome e apelidos:

Francisco Javier Aguiar Fernández.