DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66566

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 113/2025, do 29 de decembro, polo que se dispón que cese Manuel Rodríguez Vázquez como director xeral de Defensa do Monte.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Manuel Rodríguez Vázquez como director xeral de Defensa do Monte, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural