DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66564

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 111/2025, do 29 de decembro, polo que se dispón que cese Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 15.2 dos estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aprobados polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública