DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da planta de valorización de RCD e almacenamento doutros residuos similares no lugar de Senande, na parroquia de Vilastose, no concello de Muxía (A Coruña) (expediente 2020/0132).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 15 de decembro de 2025, sobre o proxecto de planta de valorización de RCD e almacenamento doutros residuos similares no lugar de Senande, na parroquia de Vilastose, no concello de Muxía (A Coruña), promovido por Ecodaisan, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade