En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública durante un prazo de 30 días a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/Promotora: Eólica de Cordales, S.L.
Domicilio social: Vía Faraday 1, 2ª dta., Pol. Indust. do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación do proxecto: proxecto de execución parque eólico Cordal Ousá e a súa infraestrutura de evacuación.
• Tomo I. Parque eólico Cordal Ousá.
• Tomo II. LAT 132 kV PE Cordal Ousá.
• Tomo III. SET colectora Ludrio 132/400 kV.
• Tomo IV. LAT 400 kV Ludrio.
Concellos afectados:
• Parque eólico Cordal Ousá: Begonte e Friol (Lugo).
• LAT 132 kV PE Cordal Ousá: Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei (Lugo).
• SET colectora Ludrio 132/400 kV: Castro de Rei (Lugo).
• LAT 400 kV Ludrio: Castro de Rei (Lugo).
Potencia instalada: 23,1 MW.
Nº de aeroxeradores que se proxecta instalar: 5.
Produción neta anual estimada: 87.174 MWh/ano.
Orzamento de execución material total (sen IVE):
• Parque eólico Cordal Ousá: 37.149.108,96 €.
• LAT 132 kV PE Cordal Ousá: 7.235.820,26 €.
• SET colectora Ludrio 132/400 kV: 6.536.531,34 €.
• LAT 400 kV Ludrio: 824.548,79 €.
Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:
|
Vértice |
ETRS89 fuso 29 |
|
|
X UTM |
Y UTM |
|
|
1 |
601.268 |
4.773.842 |
|
2 |
602.481 |
4.774.044 |
|
3 |
604.343 |
4.773.228 |
|
4 |
604.875 |
4.770.836 |
|
5 |
603.111 |
4.770.836 |
|
6 |
601.877 |
4.771.453 |
|
7 |
601.268 |
4.772.477 |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
ETRS89 fuso 29 |
|
|
X UTM |
Y UTM |
|
|
CO-01 |
601.760 |
4.773.058 |
|
CO-02 |
601.968 |
4.772.595 |
|
CO-03 |
602.157 |
4.772.342 |
|
CO-04 |
602.359 |
4.771.965 |
|
CO-05 |
602.976 |
4.771.819 |
Coordenadas da envolvente da subestación SET parque eólico Cordal Ousá 132/30 kV:
|
Vértice |
ETRS89 fuso 29 |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
V1 |
601.909 |
4.773.557 |
|
V2 |
601.978 |
4.773.602 |
|
V3 |
602.007 |
4.773.559 |
|
V4 |
601.938 |
4.773.513 |
Coordenadas da envolvente da subestación SET colectora Ludrio 132/400 kV:
|
Vértice |
ETRS89 fuso 29 |
|
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
|
Z1 |
628.461 |
4.776.614 |
|
Z2 |
628.424 |
4.776.553 |
|
Z3 |
628.426 |
4.776.540 |
|
Z4 |
628.337 |
4.776.397 |
|
Z5 |
628.356 |
4.776.376 |
|
Z6 |
628.376 |
4.776.358 |
|
Z7 |
628.406 |
4.776.333 |
|
Z8 |
628.410 |
4.776.341 |
|
Z9 |
628.503 |
4.776.283 |
|
Z10 |
628.554 |
4.776.366 |
|
Z11 |
628.583 |
4.77.6436 |
|
Z12 |
628.566 |
4.776.446 |
|
Z13 |
628.565 |
4.776.455 |
|
Z14 |
628.616 |
4.776.535 |
Características técnicas principais:
– Parque eólico Cordal-Ousá:
• Cinco (5) aeroxeradores tripala, catro de 5 MW e un de 3,1 MW de potencia nominal unitaria. Tres dos aeroxeradores cunha altura de buxa de 118 m e os dous restantes de 98 m.
• Cinco (5) centros de transformación, de 6.350 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,75/30 kV, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.
• Rede colectora soterrada de 30 kV, que une os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque, conformada por condutores de tipo HEPRZ1 18/30 kV Al + H16/25.
• Subestación (SET parque eólico Cordal Ousá), cunha posición de transformación para o parque, formada por un transformador de 30/35 MVA e relación de transformación 132/30 kV, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.
• Obra civil consistente na rede viaria de acceso ao parque e rede viaria interior, cimentacións e plataformas de aeroxeradores, subestación, zona de acopios e gabias de cablaxe.
– LAT 132 kV PE Cordal Ousá:
Liña de 132 kV, para a evacuación da enerxía eléctrica xerada polo parque eólico Cordal Ousá ata a subestación colectora Ludrio 400 kV, que discorre polos concellos de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei, cunha lonxitude total de 30.647,1 m, formada polos seguintes tramos:
|
Tramo |
Lonxitude |
Tipo |
Configuración |
|
1 |
9.310 m |
Aéreo (33 apoios) |
Simple circuíto en triángulo con condutor LA-380 |
|
2 |
830,6 m |
Subterráneo |
Simple circuíto de condutor RHZ1-RA+2OL(S) |
|
3 |
955 m |
Aéreo (4 apoios) |
Simple circuíto en triángulo con condutor LA-380 |
|
4 |
1.529,5 m |
Subterráneo |
Simple circuíto de condutor RHZ1-RA+2OL(S) |
|
5 |
17.466 m |
Aéreo (62 apoios) |
Simple circuíto en triángulo con condutor LA-380 |
|
6 |
556 m |
Subterráneo |
Simple circuíto de condutor RHZ1-RA+2OL(S) |
– SET colectora Ludrio 132/400 kV:
A subestación de transformación 132/400 kV está constituída por:
• Unha posición convencional de transformación, formada por un transformador de 30 MVA e relación de transformación 132/400 kV, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.
• Unha posición de liña 400 kV para a chegada da enerxía procedente da SET Rodela, con equipamento de protección e medida.
• Unha posición de liña 400 kV para a saída da enerxía cara á SET Ludrio 400 kV REE, con equipamento de protección e medida.
• Embarrado principal de 400 kV.
• Unha posición de axuste lonxitudinal no embarrado principal de 400 kV.
• Un edificio de control para o control e a monitorización da subestación.
– LAT 400 kV Ludrio:
Liña de 400 kV, para evacuar a enerxía eléctrica desde a subestación colectora Ludrio 132/400 kV proxectada ata a subestación Ludrio 400 kV REE e a subestación Rodela existentes.
A liña divídese en dous tramos aéreos de dobre circuíto, cun total de dous apoios e un tramo subterráneo de dobre circuíto. Ata a subestación Ludrio 400 kV REE o primeiro dos circuítos e ata a subestación Rodela o segundo dos circuítos.
|
Tramo |
Lonxitude |
Tipo |
Configuración |
|
1 |
204,98 m |
Aéreo circuíto 1 (2 apoios) |
Dobre circuíto (armado en bandeira) con condutor A-635 en configuración dúplex para circuíto 1 e A-545 en configuración dúplex para circuíto 2 |
|
210,76 m |
Aéreo circuíto 2 (2 apoios) |
||
|
2 |
92,01 m |
Subterráneo circuíto 1 |
Dobre circuíto, dúas ternas de condutor RHZ1-RA+2OL(S) 400 kV 1×2500K AI para o circuíto 1 e unha terna de condutor RHZ1-RA+2OL(S) 400 kV 1×630K AI para o circuíto 2 |
|
74,14 m |
Subterráneo circuíto 2 |
||
|
3 |
34,06 m |
Aéreo circuíto 1 (entre pórticos) |
Simple circuíto (armado en bandeira) con condutor A-635 en configuración dúplex para circuíto 1 |
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:
– Proxecto de execución parque eólico Cordal Ousá e a súa infraestrutura de evacuación. Marzo de 2025:
• Tomo I. Parque eólico Cordal Ousá. Xaneiro de 2025, visado o 20.3.2025 co núm. 2021/03904/02 polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.
• Tomo II. LAT 132 kV PE Cordal Ousá. Decembro de 2025, asinado o 15.12.2025 polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, colexiado nº 1.102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
• Tomo III. SET colectora Ludrio 132/400 kV. Novembro de 2024, visado o 16.12.2025 co núm. 20253472 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
• Tomo IV. LAT 400 kV Ludrio. Decembro de 2025, asinado o 15.12.2025 polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, colexiado nº 1.102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
– Estudio de Impacto Ambiental parque Eelico Cordal Ousá e liña de evacuación a 132 kV, asinado por un equipo multidisciplinar o 23.10.2025.
Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), da 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 05, así como nos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 19 de decembro de 2025
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
