DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO do cambio de uso para a ampliación dos usos dotacionais autorizados no equipamento sociocultural EQ SC-18 da AR-10 mediante a asignación do uso comercial público (mercados).

En relación coa antiga nave industrial coñecida como Nave de Aceros del Tea, situada na área de repartición nº 10 e cualificada como equipamento público co uso sociocultural (EQ SC-18), o Pleno do Concello de Ponteareas, na sesión extraordinaria e urxente levada a cabo o día 14 de xaneiro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

Primeiro. Acordar a ampliación de uso do equipamento sociocultural EQ SC-18, que figura no PXOM (referencia catastral 1396005NG4619N0001S), integrándoo como sistema de equipamento e dotacional cos usos seguintes: sociocultural e comercial público, segundo a nomenclatura establecida no PXOM, baixo a premisa inmodulable de manter a súa titularidade pública; neste particular, lexitimaríase a innecesariedade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente.

Segundo. Dar traslado deste á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como ao Departamento de Urbanismo Municipal para os efectos oportunos.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pode consultarse fisicamente na Oficina Técnica Municipal e de forma dixital na sede electrónica deste concello, a través do portal de transparencia, no seguinte enlace:

https://ponteareas.sedelectronica.gal/transparency/7d170d21-c5d7-4cc5-825f-0dcf97e6ebcf

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo máximo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ponteareas, 11 de novembro de 2025

María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa