DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade ao cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 das actuacións que se citan.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, en concreto consonte o anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de dotación do servizo básico de abastecemento a Xagrade e O Vilar. Vilamarín (Ourense)-Obra con referencia de expediente AUG-2025-0043 e clave do proxecto OH.232.844.

Referencia do expediente: AUG-2025-0161.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.301,36 euros. Importe total: 13.674,65 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.995,87 euros. Importe total: 10.885,00 euros.

Empresa contratista: Entrepuentes Ingeniería, S.L.

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada Dotación do servizo básico de abastecemento a Xagrade e O Vilar. Vilamarín (Ourense)-Obra con referencia de expediente AUG-2025-0043 e clave do proxecto OH.232.844.

Referencia de expediente: AUG-2025-0162.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.498,24 euros. Importe total: 7.862,87 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.061,40 euros. Importe total: 4.914,29 euros.

Empresa contratista: Incope Consultores, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, no Obxectivo político OP2 «Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible»; Prioridade P2A «Transición verde»; Obxectivo específico RS02.5 «O fomento do acceso á auga e dunha xestión hídrica sostible»; Liña de actuación 2.5.01 01 «Aumento da resiliencia dos sistemas de abastecemento. Actuacións derivadas da elaboración de Plans de seca municipais»; Ámbito de intervención 060 «Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: outros, como, por exemplo, tormentas e secas (incluídas as accións de concienciación, a protección civil e os sistemas de xestión de catástrofes, as infraestruturas e os enfoques ecosistémicos)»; Operación «Dotación do servizo básico de abastecemento a Xagrade e O Vilar. Vilamarín (Ourense)».

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia