DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 2025 Páx. 66768

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura do posto de persoal directivo (director/a da Área da Oficina Económica de Galicia).

De conformidade co establecido no punto 12 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección para a cobertura do posto de persoal directivo, director/a da Área da Oficina Económica de Galicia, convocado pola Resolución do 9 de outubro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 200, do 16 de outubro, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba o texto refundido que recolle as delegacións de facultades na Dirección Xeral, e tendo en conta a lista definitiva coas puntuacións do proceso selectivo, aprobada pola Comisión de Selección designada para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (director/a da Área da Oficina Económica de Galicia), así como a proposta que formulou a dita comisión por medio da Resolución do 22 de decembro de 2025,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta formulada pola Comisión de Selección na súa Resolución do 22 de decembro de 2025, que foi publicada na web e no taboleiro de anuncios do Igape, para o posto de director/a da Área da Oficina Económica de Galicia, coa candidata:

Natalia Barros Sánchez, con DNI (*)***0003**.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitarlle á candidata seleccionada que acepte o posto no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica