DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67543

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para o posto de xerente.

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 29 de decembro de 2025, aprobar as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura do posto de xerente da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

En virtude do exposto,

ACÓRDASE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto de xerente da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Segundo. Anunciar que as bases polas que se rexerá o proceso de selección serán publicadas na páxina web www.xesturgalicia.com

O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia de calquera das seguintes formas:

A través do Rexistro de Xestur Galicia ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso deberán remitirse por correo electrónico a xestur@xesturgalicia.com, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. De coincidir en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.