DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 2025 Páx. 67536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de decembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.0956 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo do interesado ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.0956 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.0956

Herdeiros de Antonio Miñones Regueira

19.11.2025

DH.A36.4300

Comunidade de Usuarios de Couso-Meira

19.11.2025

DH.A36.3891

Comunidade de Usuarios do Manancial de Pineles

19.11.2025

DH.A27.2198

José Díaz Longarela

19.11.2025

DH.A36.2266

Francisco Ríos Barcala

19.11.2025

DH.A15.15148

María Josefa López Rega

19.11.2025

DH.A15.10082

Josefa del Río Tuñas

19.11.2025

DH.A15.21333

Antonio Sánchez-Dopico Rey

19.11.2025

DH.A15.9762

Benigna Lodeiro Castro

19.11.2025