DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2026 Páx. 272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ao non ter constancia de ningún domicilio, notificáselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Nº de expediente

Referencia catastral

Acto notificado

Interesado/a

783/2025

36001A040006480000SO

Resolución da Alcaldía do 6.11.2025

María Jesús Rodríguez Echevarría

626/2025

36001A032004160000SK

Resolución da Alcaldía do 14.8.2025

Alejandro Manuel González Sabariegos

859/2025

36001A034006450001DU

Resolución da Alcaldía do 19.11.2025

Divina Simón Rodríguez

Arbo, 5 de decembro de 2025

Horacio Gil Expósito
Alcalde