DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2026 Páx. 436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de novembro de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Nedgia Galicia, S.A. de concesión administrativa no porto de Cambados con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de gas (expediente 13-07-24-C1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Nedgia Galicia, S.A. no porto de Cambados con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado para realizar a actividade de subministración de gas (expediente 13-07-24-C1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), faise público este trámite para que as persoas e as entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.

O prazo para presentar alegacións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A presentación de alegacións será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas e persoas representantes dalgunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal>Comunicacións e avisos>Procesos de información pública

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as súas alegacións por escrito nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 17 de novembro de 2025

Iban Rodríguez Fernández
Xefe da Zona Sur