No Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo que se regula a concesión de condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas outorgados pola Xunta de Galicia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela, establécense os requisitos, o procedemento e os efectos da súa concesión.
Esta Unidade da Policía Nacional adscribiuse á Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 19 de xuño de 1991, do Ministerio do Interior, e comezou a desempeñar as súas funcións no mes de outubro de 1991. Durante estes anos de servizo quedou de manifesto en numerosas actuacións policiais a entrega, a profesionalidade, o valor e o compromiso dos seus membros.
Para recoñecer a actividade realizada polo persoal desta unidade por exceder con carácter extraordinario o normal cumprimento das súas obrigas profesionais en beneficio da liberdade, da seguridade e da convivencia da cidadanía, procede outorgarlle a Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial a título individual.
Para recoñecerlle ao persoal policial o servizo nesta unidade, procede outorgar a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial, ao persoal que teña acreditados 30 anos de servizo nela, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal. Do mesmo xeito, como mostra do agradecemento polo servizo prestado garantindo o exercicio e o respecto dos dereitos e liberdades, cómpre conceder os distintivos de permanencia ao persoal que cumpre 25, 15 e 10 anos de servizo.
Así mesmo, outórgase a distinción honorífica a aquelas unidades e persoas doutros corpos ou colectivos como recoñecemento á súa destacada colaboración co persoal desta unidade.
Por outra banda, de conformidade co establecido no número 2 do artigo 8 do Decreto 122/2016, do 8 de setembro, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xullo de 2025, determináronse os efectos económicos da concesión da Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial.
Polo exposto, de conformidade coa proposta efectuada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e co establecido no artigo 10 do citado Decreto 122/2016, do 8 de setembro,
DISPOÑO:
Artigo único
1. Outorgar a Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial a título individual ao persoal que se relaciona no anexo I, como recoñecemento público aos servizos meritorios de carácter extraordinario prestados en beneficio da seguridade pública.
2. Outorgar a Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial ao persoal que se relaciona no anexo II, por ter acreditado 30 anos de servizo na unidade, sen que consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal, evidenciando unha traxectoria profesional prolongada no tempo e que contribúe á dignificación, prestixio e recoñecemento público da función policial. Este outorgamento determina o dereito á percepción da contía económica establecida no Acordo do Consello da Xunta do 7 de xullo de 2025.
2. Conceder os distintivos de permanencia ao persoal da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, por ter cumprido 25, 20 e 15 anos de servizo, que figura nos seguintes anexos:
Anexo III. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra azul, aos 25 anos de servizo na Unidade.
Anexo IV. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra amarela, aos 20 anos de servizo na Unidade.
Anexo V. Concesión dos distintivos de permanencia, coa barra branca, aos 15 anos de servizo na Unidade.
3. Outorgar a distinción honorífica ás persoas e organismos que se relacionan no anexo VI, como recoñecemento ao seu labor de especial colaboración coa Unidade adscrita.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO I
Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial
|
Nº orde |
Categoría |
Apelidos |
Nome |
|
1 |
Inspector xefe |
Maceiras Bastida |
Alejandro |
|
2 |
Inspector |
Ramos González |
César |
|
3 |
Subinspector |
Mojón Lamas |
Miguel Ángel |
|
4 |
Subinspector |
García Álvarez |
Juan Antonio |
|
5 |
Oficial |
Pereira Moure |
Orestes |
|
6 |
Policía |
Domínguez Feijóo |
Ricardo |
|
7 |
Policía |
Ogando Fernández |
Rubén |
|
8 |
Policía |
Domínguez López |
Luis |
|
9 |
Policía |
Vidal González |
José Antonio |
|
10 |
Policía |
Domínguez Fernández |
Juan Carlos |
|
11 |
Policía |
De la Torre Gil |
Marcos |
|
12 |
Policía |
Rodríguez Bello |
Rubén |
|
13 |
Policía |
Gómez Rodríguez |
Rubén |
|
14 |
Policía |
Correa Garrido |
José Antonio |
|
15 |
Policía |
González Feijóo |
Santiago |
|
16 |
Policía |
Pérez Cabido |
José Iván |
|
17 |
Policía |
Jurado Conde |
Carlos |
|
18 |
Policía |
Mazaira Pérez |
Manuel Ángel |
|
19 |
Policía |
González Fernández |
Ramón |
|
20 |
Policía |
Gómez Rodríguez |
Naida |
|
21 |
Policía |
Seoane Puga |
David |
|
22 |
Policía |
Rey Gómez |
Juan Carlos |
|
23 |
Policía |
Castro Abruñeiras |
José Antonio |
|
24 |
Policía |
Fontán Paz |
Silvia |
|
25 |
Policía |
Fernández Peña |
José María |
|
26 |
Policía |
Gundín López |
Jorge |
|
27 |
Policía |
Carreira Calvo |
Carlos |
ANEXO II
Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial
|
Nº orde |
Categoría |
Apelidos |
Nome |
|
1 |
Subinspector |
Cruz Alonso |
José |
|
2 |
Policía |
González Villamaña |
Susana |
ANEXO III
Distintivo de permanencia 25 anos
|
Nº orde |
Categoría |
Apelidos |
Nome |
|
1 |
Policía |
Certal Gil |
Manuel |
|
2 |
Policía |
Diego Travieso |
José Gabriel |
|
3 |
Policía |
González Pérez |
Daniel |
|
4 |
Policía |
López Racamonde |
Héctor Manuel |
|
5 |
Policía |
De Mena Canle |
Gonzalo |
|
6 |
Policía |
Rey Gómez |
Juan Carlos |
|
7 |
Policía |
Rico Álvarez |
José Manuel |
|
8 |
Policía |
Rodríguez Pérez |
Juan Carlos |
|
9 |
Policía |
Álvarez Álvarez |
Ramón Salvador |
ANEXO IV
Distintivo de permanencia 20 anos
|
Nº orde |
Categoría |
Apelidos |
Nome |
|
1 |
Inspector |
Torres Rodríguez |
Antonio José |
ANEXO V
Distintivo de permanencia 15 anos
|
Nº orde |
Categoría |
Apelidos |
Nome |
|
1 |
Inspector |
Nogueiras Nogueiras |
José Antonio |
ANEXO VI
Distinción honorífica
Persoas distinguidas
|
Apelidos |
Nome |
Cargo |
|
Díaz Jiménez |
Juan José |
Comisario Provincial de Pontevedra |
|
Romera Pérez |
Luis Miguel |
Comisario Provincial de Lugo |
|
Cordero Vargas |
Fernando |
Inspector da Comisaría Xeral da Policía Xudicial da Policía Nacional |
|
González Álvarez |
Roberto |
Oficial da Policía Nacional (Comisaría de Verín) |
|
Molina Flores |
Fernando |
Subinspector da Policía Nacional (xubilado) |
|
Touceda Souto |
Manuel |
Coronel na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra |
|
Díaz Pérez |
Humberto |
Garda Civil na Comandancia da Garda Civil da Coruña |
|
Díaz Liñares |
Javier |
Garda Civil na Comandancia da Garda Civil da Coruña |
|
Chao Cabana |
José Antonio |
Inspector Principal, xefe da Policía Local de Ferrol |
|
García Ortiz |
Manuel |
Xeneral das Forzas de Protección da Armada en Ferrol (FUPRO) |
|
Grandas Arias |
José Antonio |
Subdirector xeral de Planificación e Protección Civil (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior) |
|
Blanco Leis |
Jesús |
Presidente da Asociación de Jefes y Directores de Seguridad del Estado (AJDSE) |
Unidades distinguidas
|
Brigada Galicia VII (Brilat) |
|
Quinto Batallón da Unidade Militar de Emerxencias (UME) |
|
Dirección Xeral de Defensa do Monte (Consellería do Medio Rural) |
