DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2026 Páx. 956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

EDICTO de corrección de erro material advertido na denominación das prazas da oferta pública de emprego para o ano 2025.

Mediante o Acordo da Xunta Local de Goberno deste concello, do 1 de decembro de 2025, acordouse emendar o erro advertido no Acordo adoptado con data do 8 de outubro de 2025 pola Xunta Local de Goberno do Concello de Ares sobre aprobación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2025, que afecta a denominación das prazas. Estas quedan denominadas como se especifica a continuación e se publica en detalle, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, do establecido no TREBEP e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego de Galicia.

Persoal funcionario:

Categoría

Prog.

Número de prazas

Titulación

Situación

Observacións

Réxime

Auxiliar administrativo

920

1

ESO

Vacante

Sistema de oposición libre

Persoal laboral fixo:

Categoría

Prog.

Número de prazas

Titulación

Situación

Observacións

Réxime

Administrativo

920

3

Bach/FP2

Vacantes

Promoción interna a C1, con amortización praza de C2

Sistema de promoción interna

Oficial 1ª nave almacén

453

1

Estudos primarios

Vacante

Sistema de concurso-oposición

Oficial 1ª S. X. Auga

161

1

Estudos primarios

Vacante

Sistema de concurso-oposición

Peón nave almacén

453

1

Estudos primarios

Vacante

Sistema de concurso-oposición

Ares, 10 de decembro de 2025

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde