A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística xustifícase polos cambios introducidos polo Decreto 49/2024, do 22 de abril, que fixou a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación da relación de postos de traballo contén cambios de diversa natureza, polo que na súa publicación completa, e non parcial, figuran postos cuxas clasificacións foron aprobadas en modificacións anteriores polo Consello da Xunta.
En consecuencia, por proposta do ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 22 de decembro de 2025, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de decembro de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG número 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
