De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do expediente RA/DXCAS/CMACC/2025/00029.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025
María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
RA/DXCAS/CMACC/2025/00029 |
José Manuel Silva López |
Resolución de recurso de alzada |
