Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador en LMT SCY 822, apoio ASCOO0JK//146-2, no concello de Trazo (expediente IN407A 2024/076-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 16 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/076-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de reconectador en LMT SCY 822, apoio ASCOO0JK//146-2.
Concello: Trazo.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Liñares |
15087A008002890000SM |
Descoñecida |
5.1.2026 |
