Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e intereses, derivados do procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA, DC, SMC716//SMC722, substitución de apoios D12 e D14, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/200-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 16 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/200-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA, DC, SMC716//SMC722, substitución de apoios D12 e D14.
Concello: Oleiros.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
2 |
3859614NH5945N0001BF |
Marie Elizabeth Mattern |
25.2.2026 |
12.30 |
