De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 15 de decembro de 2025
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
|
VI482F3601725 |
35675076Y |
Requirimento de emenda |
|
VI482F3601726 |
X1410670B |
Requirimento de emenda |
|
VI482F3601748 |
Y3736873P |
Requirimento de emenda |
|
VI482F3601749 |
61069693R |
Requirimento de emenda |
