DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha planta de fabricación de emulsións asfálticas no polígono industrial de Ordes, no concello de Ordes (A Coruña) (expediente 2024/0313).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 23 de decembro de 2025, do proxecto de ampliación dunha planta de fabricación de emulsións asfálticas no polígono industrial de Ordes, no concello de Ordes (A Coruña), promovido por Quimiasfalt, S.L.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade