DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Palas de Rei (expediente DH.A27.100699).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Marcial Barral Vázquez, María José Barral Vázquez.

DNI: ***2477**, ***3002**.

Expediente: DH.A27.100699.

Volume total anual: 3.455 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,068 l/s.

Destino: abastecemento, gandeiro e rega.

Orixe: x= 584999, y= 4744515 (ETRS89 fuso 29).

Lugar: Campelo.

Parroquia: Pambre (San Pedro).

Concello: Palas de Rei.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dunha mina situada na parcela de RC 27040A028004210000UZ, e a súa condución mediante tubaxe soterrada de 32 mm de diámetro ata un depósito, do cal parte a tubaxe ata a parcela de RC 27040A013002110000UM, para uso doméstico, gandeiro e rega.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro