DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Venres, 9 de xaneiro de 2026 Páx. 1444

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461C) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 24 de outubro de 2025.

No Diario Oficial de Galicia número 213, do 4 de novembro de 2025, publicouse a Orde do 24 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461C) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461H) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.

Finalizado o prazo de presentación solicitudes e de acordo co regulado na dita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461C) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 24 de outubro de 2025.

Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal:

– A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas.

– A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión.

– A listaxe provisional de persoas aspirantes exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular reclamacións.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 8 de xaneiro de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública