DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2026 Páx. 1789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 4 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/5159-1 e dous máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas na ala sur do edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 4 de decembro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/5159-1

76860461G

Citación para o recoñecemento

4.11.2025

2023/7693-1

47383514H

Citación para o recoñecemento

4.11.2025

2025/2819-1

Londono Pulgarín, Mateo

Citación para o recoñecemento

11.11.2025