BDNS (Identif.): 880299.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880299
Primeiro. Persoas beneficiarias
As persoas que sexan naturais de Galicia ou fillos/fillas de galegos ou acrediten residencia en Galicia, mediante empadroamento, e que posúan o título académico necesario ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán finalizarse dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar unha (1) bolsa de formación dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en comunicación das políticas comunitarias, na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsa Galicia Europa.
Terceiro. Bases reguladoras
Á bolsa convocada por esta resolución seranlle de aplicación as bases reguladoras, recollidas como anexo I da Orde do 1 de setembro de 2025 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea, Bolsa Galicia Europa (código de procedemento PR770N).
Cuarto. Importe
O importe total da bolsa distribuirase da seguinte maneira:
– Retribución bruta (pagamento á persoa bolseira): 16.500,00 €.
– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento á persoa bolseira): 500 €.
– Seguridade Social: 700,48 €.
– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 99,19 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa
