Logo de comprobar que a documentación presentada era a requirida e que foi achegada dentro do prazo dos tres (3) días hábiles, desde a publicación do decreto de nomeamento no taboleiro de anuncios electrónico do Concello de Castro Caldelas, tal e como se indicaba na base 11, e constatada a incorporación ao posto de traballo o día 17.11.2025.
RESOLVO:
Primeiro. Nomear personal laboral fixo a seguinte persoa:
|
Praza |
Nome e apelidos (DNI) |
Decreto |
|
Auxiliar de axuda no fogar |
Teresa López Novoa ***6606** |
2025-0253 |
De conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 22 e 33 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Segundo. Publicar no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios electrónico do Concello de Castro Caldelas.
Terceiro. Dar conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.
Castro Caldelas, 11 de decembro de 2025
Sara Inés Vega Núñez
Alcaldesa
