De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo do interesado ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.0956 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico
rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
DH.A15.0956 |
Herdeiros de Antonio Miñones Regueira |
19.11.2025 |
|
DH.A36.4300 |
Comunidade de Usuarios de Couso-Meira |
19.11.2025 |
|
DH.A36.3891 |
Comunidade de Usuarios do Manancial de Pineles |
19.11.2025 |
|
DH.A27.2198 |
José Díaz Longarela |
19.11.2025 |
|
DH.A36.2266 |
Francisco Ríos Barcala |
19.11.2025 |
|
DH.A15.15148 |
María Josefa López Rega |
19.11.2025 |
|
DH.A15.10082 |
Josefa del Río Tuñas |
19.11.2025 |
|
DH.A15.21333 |
Antonio Sánchez-Dopico Rey |
19.11.2025 |
|
DH.A15.9762 |
Benigna Lodeiro Castro |
19.11.2025 |
