En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Río de Bois.
Expediente: DH.A36.106888.
Volume total anual: 3.522,60 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,38 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: tres (3) mananciais M1 a M3 e un (1) pozo P1.
M1 na parc. 296, pol. 9.
M2 na parc. 9014, pol. 4.
M3 na parc. 259, pol. 9.
P1 na parc. 54, pol. 29.
Todas do Catastro de Vilaboa.
Lugar: O Alcouce.
Parroquia: Figueirido.
Concello: Vilaboa.
Descrición:
A auga de M1 a M3 reúnese para conducila a un depósito na parcela 507, pol. 9, do cal parte unha rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade A de P1 bombéase ao depósito cando é preciso.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 23 de xullo de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
