Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 6.3.2024 en Noia (A Coruña) polo enxeñeiro técnico industrial Manuel Busto Ces, colexiado número 1358 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante unha declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: Gerencia de Infraestructuras y Equipamientos de Cultura; NIF: Q2818010G.
Domicilio: rúa Alfonso XII, 3-5, 28014 Madrid.
Denominación: LMTS a 20 kV e CS para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Situación: rúa Bailén, 1, Ourense.
Orzamento: 20.812,25 €.
Características técnicas:
– LMTS, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm 2AL+H16, con orixe e final nos empalmes que se realizarán no condutor da LMTS existente BBA707, no treito comprendido entre a subestación Barbaña (BBA) e o CT San Marcial 32CS72, realizando entrada/saída no centro de seccionamento proxectado.
– Novo centro de seccionamento, en edificio existente, de manobra interior coa seguinte configuración: 3L 2TC GPRS+TT.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha da instalación que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 15 de decembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
