BDNS (Identif.): 880588.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880588
Primeiro. Persoas beneficiarias
Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.
Segundo. Obxecto
O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino privados de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2025/26 (PL500B).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2025/26 (código de procedemento PL500B).
Publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 45.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
