De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a resolución de revogación e extinción do dereito á percepción da subvención correspondente ao procedemento TR361B. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, e de acordo co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada no Servizo de Formación e Cualificación para o Emprego do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 19 de decembro de 2025
Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Interesado/a (DNI/NIE) |
Acto que se notifica |
Concello |
|
32447034Z |
Resolución do procedemento TR361B |
A Coruña |
