DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2026 Páx. 2258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición da modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.

Núm. de depósito (DEOSE): 82000165.

Feitos:

O 5 de decembro de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais da modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, tras a súa aprobación na asemblea xeral celebrada o 29 de novembro de 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segunda. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (DEOSE), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceira. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, na cal constarán a data de depósito e o número de depósito asignado.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.

As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e de acordo co previsto nos artigos 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais