No Boletín Oficial da provincia núm. 248, do 29 de decembro de 2025, publícanse integramente as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local de Aranga, do 12 de decembro de 2025, relativas á convocatoria para a cobertura dunha praza, por quenda libre e sistema de oposición do Concello de Aranga, coas seguintes características:
Clase de persoal: funcionario de carreira.
Denominación: auxiliar administrativo de servicios sociais e cultura.
Área: Servizos sociais.
Clasificación: grupo C, subgrupo C2. Escala da Administración xeral. Subescala auxiliar-administrativa.
Incluída na RPT (código 03.00.00.03) e na oferta de emprego público de 2024.
O prazo de presentación será de vinte días naturais a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria publicaranse na forma prevista nas bases.
Aranga, 29 de decembro de 2025
Alberto Platas Álvarez
Alcalde
