DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2026 Páx. 2985

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade aos convenios pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2025 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2026

Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Uniwersytet Warszawsky (Polonia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

63.976,32 €

2.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg (Alemaña) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

108.000,00 €

8.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Christian-Albrechts-Universität zu Kiel (Alemaña) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

63.976,32 €

8.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universitat Leipzig (Alemaña) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

97.225,00 €

8.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Cruz Roja Española en Galicia para a realización de accións formativas de lingua e cultura galegas.

37.500,00 €

26.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Perugia para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

12.000,00 €

2.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e xuventude da Xunta de Galicia e a Universitat d’Alacant para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

73.500,00 €

2.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Galicia América polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións de formación en lingua e literatura galegas da Fundación Galicia América e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2025.

45.000,00 €

2.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Woxsen en Hyderabad (India) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.

4.000,00 €

3.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Consellería de Sanidade e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos para a implantación do programa de voluntariado para apoio nas campañas de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Sen importe

3.10.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Tordoia para a obra de terminación interior de Centro Sociocomunitario en Tordoia.

120.000,00 €

3.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Academia Xacobea para actuacións en materia de normalización lingüística.

11.260,08 €

6.10.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Portas para obras de mellora da escola municipal de música

115.000,00 €

8.10.2025

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Rois para o acondicionamento do local social de Ermedelo, lugar de Sabacedo, parroquia de Urdilde.

Sen importe

9.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun Encontro informático no ano 2025.

35.094,00 €

9.10.2025

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes relativo á utilización das instalacións da Residencia Xuvenil de Altamar.

Sen importe

13.10.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de O Pereiro de Aguiar para levar a cabo a 2ª fase da restauración da vivenda de Ben Cho-Shey

115.000,00 €

21.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación AISGE.

Sen importe

20.10.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello da Veiga para o equipamento cultural da sala de conferencias O Toural.

33.799,99 €

22.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

63.976,32 €

23.10.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o concello de Poio para a realización de traballos arqueolóxicos na Illa de Tambo (Poio, Pontevedra).

Sen importe

24.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña para desenvolver unha bolsa de formación remunerada no Museo de Belas Artes da Coruña.

Sen importe

27.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Salamanca para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

73.500,00 €

31.10.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Bande para levar a cabo os equipamentos para a Reitoral de Santa Comba de Bande.

83.008,17 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universität Wien para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

4.000,00 €

31.10.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Plácido Castro para a difusión, estudo e preservación da obra de Plácido Castro.

4.000,00 €

14.11.2025

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen importe

17.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. para a divulgación de proxectos de educación patrimonial no Diario Cultural da Radio Galega.

Sen importe

21.11.2025

Segunda Addenda ao convenio entre a extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Diocese de Santiago de Compostela e o Concello da Estrada para a restauración do retablo principal da Igrexa de Santo Tomé de Ancorados - A Estrada.

Sen importe

28.11.2025

Addenda de prórroga e modificación ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para realizar intervencións de conservación na Concatedral de San Xiao de Ferrol (A Coruña) e na Catedral de Mondoñedo (Lugo).

818.188,35 €

28.11.2025

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Mos para realizar a rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos, Fase 3, Actuación 1: Muros, Mos (Pontevedra).

Sen importe

30.11.2025

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través do Centro Galego de Arte Contemporánea e a Fundación Es Baluard Museu D`art Contemporani de Palma para a coprodución e exhibición nas súas sedes da exposición «Jannis Kounellis. Laberinto sin paredes».

47.892,50 €

30.11.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello do Pino para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal do Pino.

Sen importe

2.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización do programa «Correspondentes Universitarios».

Sen importe

8.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización do programa «Correspondentes Universitarios/as».

Sen importe

11.12.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Riotorto para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Axencia de Lectura Pública Municipal de Riotorto.

Sen importe

11.12.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ferrol para o proxecto de renovación, restauración de patoloxías e modernización do Centro Cultural Torrente Ballester para a súa adecuación como museo.

250.000,00 €

11.12.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello do Porriño para realizar o proxecto de acondicionamento de local e dotación de equipamento para a Sala 2 da Exposición Antonio Palacios.

140.565,22 €

11.12.2025

Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación de Pontevedra para a continuación das obras no Teatro Cine Fraga de Vigo.

10.620.826,65 €

29.12.2025

ANEXO II

Denominación do convenio

Aportación consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño para a integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Isaura Gómez.

Sen importe

29.8.2025