DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 3641

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Profesional de Expertos Inmobiliarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

2.9.2025

Protocolo de adhesión do Concello da Estrada ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

9.9.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Unión Independente de Transportistas Autónomos de Asturias para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

12.9.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio Profesional de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Pontevedra para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

17.9.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral de Colexios de Habilitados de Clases Pasivas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

30.9.2025

Protocolo de adhesión do Concello de Cerdedo-Cotobade ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

13.10.2025

Protocolo de adhesión do Concello de Sada ao convenio subscrito o 30.9.2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

22.10.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Teruel para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

22.10.2025

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

31.10.2025

Acordo de addenda e prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Graduados Sociais de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

21.11.2025

Convenio entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña

Con achega económica

22.12.2025

Convenio entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas de distrito hipotecario

Con achega económica

22.12.2025