DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 17 de decembro de 2025, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01507-O-2025 e tres máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores número PO-01507-O-2025 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que xulguen conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 %, na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 17 de decembro de 2025

Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01507-O-2025

CO-5391-AV

Y0756067W

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

16.5.2025; 10.31.00; N-552; 4,61

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-01879-O-2025

VA-5676-AH

36050085T

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

10.6.2025; 8.54.00; A-55; 11,0

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-02627-O-2025

7886-BCB

Y3236173H

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

20.8.2025; 8.07.00; PO-510; 0,5

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-02629-O-2025

PO-7795-AG

X0730925P

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

8.9.2025; 12.31.00; PO-531; 4,6

Artigo 141.25 en relación 140.1 LOTT

Artigo 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros