De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A resolución do expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.
Pontevedra, 19 de decembro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
PO-PR212A/2025/01971 |
Y9857891J 13683276 |
|
PO-PR212A/2025/02563 |
Z2522820R Z2522910E |
|
PO-PR212A/2025/02609 |
Z3122691D Z3122485X |
