DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2026 Páx. 4430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de perda da condición de persoa usuaria do servizo (expediente LU-0000074484).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non sendo posible practicar a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao ignorar o lugar de notificación, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución do procedemento de perda da condición de persoa usuaria do servizo, co número de expediente LU-0000074484.

A persoa interesada, ou representante debidamente acreditada, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, situadas na avenida Fernando de Casas Novoa, 35, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase practicada para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer reclamación previa dentro dos trinta (30) días seguintes ao da súa notificación, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, segundo se indica no artigo 71.2 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Persoa interesada

Expediente

Acto notificado

Data do acto

X4594987R

LU-0000074484

Resolución do procedemento

17.12.2025