De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 4 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro).
Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo da presente orde.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir o seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Codesido Vilar, Juan Carlos.
NRP: ******4324 A207A.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto: subdirector xeral de Gardacostas de Galicia.
Código: PE.C01.00.001.15770.001.
Nivel: 30.
Centro de destino: Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
