DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 4836

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen, mediante tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO400E).

BDNS (Identif.): 881511.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

http://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/881511

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciatura ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen, mediante tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO400E).

Cuarto. Importe e duración

Oito bolsas cunha duración máxima de 10 meses cada unha, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2026.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 euros por mes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia