Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 11 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2025 (DOG núm. 245, do 19 de decembro), a que foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 32, operador/codificador de datos defensa contra incendios, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 32, operador/codificador de datos defensa contra incendios, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun (1) mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Os cesamentos deberán efectuarse o día 19 de xaneiro de 2026.
No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Grupo |
Categ. |
Observacións |
|
1 |
***9765** |
Pérez García, Jordi |
3 |
MRC991080132001190 |
Operador/a-codificador/a datos SPDCIF |
MR |
Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
IV |
32 |
Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
2 |
***2360** |
Camino Saco, María del Rocío |
4 |
MRC991080127001190 |
Operador/a-codificador/a datos SPDCIF |
MR |
Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Lugo) |
Servizos periféricos |
Lugo |
IV |
32 |
Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
3 |
***3445** |
López Cristóbal, Ana Isabel |
1 |
MRC995009027001140 |
Operador/a-codificador/a datos SPDCIF |
MR |
Distrito forestal: IX-Lugo-Sarria |
Servizos periféricos |
Lugo |
IV |
32 |
Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
4 |
***5015** |
Gómez Niño, Ana Belén |
5 |
MRC995007027060140 |
Operador/a-codificador/a datos SPDCIF |
MR |
Distrito forestal: VII-Fonsagrada- Os Ancares |
Servizos periféricos |
Becerreá |
IV |
32 |
Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
|
5 |
***1966** |
López Ouro, María Sagrario |
2 |
MRC995008027300140 |
Operador/a-codificador/a datos SPDCIF |
MR |
Distrito forestal: VIII-Terra de Lemos |
Servizos periféricos |
Monforte de Lemos |
IV |
32 |
Apoio campaña de verán alto risco. // B12 = 207,18 €. |
