De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados encóntranse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008, A Coruña.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
A Coruña, 26 de decembro de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212B/2025/02583 (AC-2015/00184) |
32829357P |
|
AC-PR212B/2025/02540 (AC-2023/00126) |
Z0989607Z |
|
AC-PR212B/2025/03077 (AC-2019/00687) |
32829763T |
|
AC-PR212E/2025/02584 (AC-2012/01072) |
M9566934 |
|
AC-PR212E/2025/02238 (AC-2024/00739) |
GH712916 |
|
AC-PR212E/2025/02261 (AC-2024/00771) |
A04404571 71517049K |
|
AC-PR212E/2025/02582 (AC-2019/00521) |
116589115 |
