De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do arquivamento da solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A resolución do expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada para que poida consultalas nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.
Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.
A Coruña, 26 de decembro de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212B/2025/00481 (AC-2018/00693) |
33331178S |
