DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2026 Páx. 4514

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 8 de xaneiro de 2026 pola que se identifica o ámbito territorial e temporal da exención no canon da auga e no canon de xestión das depuradoras nos núcleos de poboación afectados polos incendios producidos en Galicia no ano 2025.

Antecedentes:

1. A situación derivada dos incendios que afectaron Galicia durante o verán de 2025 adquiriu unha especial complexidade pola confluencia de condicións meteorolóxicas adversas, marcadas por temperaturas extremas, fortes ventos e un período prolongado de seca. Estes factores favoreceron a rápida propagación do lume, que ocasionou danos en bens públicos e privados.

2. Os acontecementos rexistrados determinaron unha situación de emerxencia humanitaria e social para a cidadanía afectada, debido aos danos persoais e materiais que se produciron, o que fixo necesario artellar un sistema de axudas para paliar os danos causados, que tivo a súa concreción mediante diferentes ordes de axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia do 30 de agosto de 2025.

3. A Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estableceu unhas exencións nos tributos propios para aquelas persoas que se viron afectadas polos incendios e, singularmente, unha exención no canon da auga para os consumos de auga realizados nos núcleos de poboación afectados polos incendios producidos en Galicia no ano 2025 que provocaron a activación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, Peifoga) en situación 2.

4. O 7 de xaneiro de 2026, a Dirección de Augas de Galicia propuxo identificar o ámbito territorial e temporal para a exención no canon da auga e no canon de xestión das depuradoras nos núcleos de poboación afectados polos incendios producidos en Galicia no verán e outono do ano 2025.

Consideracións legais e técnicas:

I. A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é competente para ditar esta orde, de acordo co establecido no artigo 12.5 da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

II. O artigo 12 da Lei 5/2025, do 23 de decembro, dispón o seguinte:

1. Quedan exentos do pagamento da cota variable do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras os consumos de auga realizados nos núcleos de poboación afectados polos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025 que provocaron a activación do Peifoga en situación 2, de acordo cos datos facilitados pola Axega.

O volume total exento será aquel que se corresponda a un mes de consumo do período de facturación que comprenda, total ou parcialmente, o ámbito temporal de vixencia da activación da situación 2 do concreto incendio forestal. Non obstante, no suposto de que o período de vixencia da situación 2 afecte dous períodos de facturación, a exención correspondente a un mes de consumo só se aplicará no segundo período de facturación.

2. As entidades subministradoras veñen obrigadas a aplicar a exención indicada no número anterior nas facturacións que leven a cabo correspondentes ao período de facturación que inclúa o período de exención sinalado no número anterior.

O volume exento determinarase dividindo o volume facturado no período de facturación entre o número de meses obxecto de facturación.

3. No caso de que, no momento da entrada en vigor desta exención, as entidades subministradoras xa teñan facturado algún dos períodos de facturación que inclúan, total ou parcialmente, consumos posteriores ao 28 de xullo de 2025, deberán regularizar o importe do canon repercutido se fose de aplicación a exención por cumprir os requisitos antes sinalados mediante o seguinte procedemento:

a) Anular a factura da auga e emitir unha nova factura co canon da auga correcto unha vez descontado o canon da auga correspondente ao volume de auga exento.

b) No caso de que no momento da anulación a factura xa estivese pagada o canon da auga pagado en exceso será obxecto de devolución ao contribuínte. Non obstante, a entidade subministradora poderá optar por compensar ese importe en futuras facturacións que realice ao dito contribuínte.

c) No caso de que a entidade subministradora xa tivese ingresado ou declarado como impagado ante Augas de Galicia o importe de canon da auga correspondente á factura anulada, deberá proceder á súa declaración na epígrafe «canon anulado correspondente a liquidacións percibidas e xa autoliquidadas» ou «canon anulado correspondente a liquidacións declaradas como impagadas», respectivamente.

4. No suposto de contribuíntes que se abastezan de fontes propias de abastecemento de auga será Augas de Galicia quen deberá identificar e, se é o caso, aplicar a exención de acordo co procedemento indicado nos dous números anteriores.

III. Así mesmo, o número 5 do artigo 12 da Lei 5/2025, do 23 de decembro, establece que mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de augas se identificará o ámbito territorial e temporal da exención, para o que se terá en consideración para cada incendio o período de activación da situación 2 e os núcleos de poboación directamente afectados polo incendio forestal, así como aqueles núcleos de poboación que, sen vérense directamente afectados polo incendio, eran limítrofes ás distintas frontes do incendio.

IV. Unha vez identificados os distintos incendios que cumpren os requisitos de nivel 2 dentro ámbito temporal indicado na Lei 5/2025, do 23 de decembro, identificáronse os núcleos afectados de cara a incluír aqueles núcleos que, sen vérense directamente afectados polos incendios, é previsible que tivesen que facer uso de auga por mor dos citados incendios.

A relación de incendios que provocaron a activación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), así como a data de inicio e fin da situación 2 en cada núcleo de poboación inclúense como anexo I a esta orde.

En virtude do disposto e consonte o previsto no artigo 12 da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas,

RESOLVO:

1. Identificar, como ámbito temporal da exención do pagamento do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras polos usos da auga efectuados como consecuencia dos incendios do verán e outono do ano 2025, o período que vai desde o 28.7.2025 ao 20.12.2025.

2. Identificar, como ámbito territorial da exención do pagamento do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras polos usos da auga efectuados como consecuencia dos incendios do verán e outono do ano 2025, os núcleos de poboación que figuran no anexo II a esta orde.

Publíquese esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2026

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANEXO I

Activación do Peifoga por incendios en situación operativa 2

Código incendio

Concello

Parroquia

Situación operativa 2

Data inicio

Data fin

2025320404

A Bola

Veiga (San Munio)

23.8.2025

23.8.2025

2025360368

A Cañiza

O Couto (San Bartolomeu)

30.7.2025

1.8.2025

2025320339

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

12.8.2025

12.8.2025

2025320383

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

18.8.2025

18.8.2025

2025320389

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

20.8.2025

20.8.2025

2025320392

A Merca

A Merca (Santa María)

21.8.2025

21.8.2025

2025320334

A Merca

Olás de Vilariño (Santa María)

12.8.2025

12.8.2025

2025320374

A Merca

Zarracós (Santo André)

17.8.2025

18.8.2025

2025320331

A Mezquita

A Mezquita (San Martiño)

12.8.2025

26.8.2025

2025320330

A Pobra de Trives

Xunqueira (San Pedro)

12.8.2025

25.8.2025

2025270316

A Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán)

25.8.2025

27.8.2025

2025360534

Agolada

O Sexo (Santiago)

15.8.2025

16.8.2025

2025320396

Amoeiro

Bóveda de Amoeiro (San Paio)

21.8.2025

22.8.2025

2025360348

Arbo

Arbo (Santa María)

29.7.2025

29.7.2025

2025360442

As Neves

San Pedro de Batalláns (San Pedro)

6.8.2025

7.8.2025

2025320411

Avión

Nieva (Santa María)

24.8.2025

26.8.2025

2025320356

Baños de Molgas

Betán (San Martiño)

15.8.2025

15.8.2025

2025320366

Baños de Molgas

Betán (San Martiño)

16.8.2025

16.8.2025

2025320376

Baños de Molgas

Ponte Ambía (Santa María)

17.8.2025

18.8.2025

2025320384

Baños de Molgas

Ponte Ambía (Santa María)

18.8.2025

19.8.2025

2025320364

Beade

As Regadas (San Amaro)

15.8.2025

26.8.2025

2025150270

Camariñas

Xaviña (Santa María)

5.8.2025

6.8.2025

2025320406

Carballeda de Avia

Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo)

23.8.2025

23.8.2025

2025320361

Carballeda de Avia

Vilar de Condes (Santa María)

15.8.2025

26.8.2025

2025320382

Carballeda de Valdeorras

Casaio (Santa María)

18.8.2025

26.8.2025

2025270288

Carballedo

A Cova (San Xoán)

21.8.2025

22.8.2025

2025320322

Cartelle

Anfeoz (Santa Baia)

12.8.2025

13.8.2025

2025320418

Cartelle

Cartelle (Santa María)

26.8.2025

26.8.2025

2025320403

Cartelle

Couxil (Santa María)

23.8.2025

23.8.2025

2025320372

Cartelle

Espiñoso (San Miguel)

17.8.2025

20.8.2025

2025320368

Castrelo de Miño

Macendo (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

2025320370

Celanova

Mourillós (San Pedro)

17.8.2025

17.8.2025

2025320337

Chandrexa de Queixa

Parafita (San Bartolomeu)

12.8.2025

26.8.2025

2025320380

Coles

A Barra (Santa María)

18.8.2025

18.8.2025

2025320377

Coles

Gustei (Santiago)

18.8.2025

18.8.2025

2025320391

Coles

Gustei (Santiago)

21.8.2025

21.8.2025

2025320409

Coles

Melias (San Miguel)

23.8.2025

23.8.2025

2025320398

Coles

Ribela (San Xillao)

22.8.2025

22.8.2025

2025320402

Cualedro

A Xironda (San Salvador)

23.8.2025

23.8.2025

2025320343

Cualedro

Rebordondo (San Martiño)

12.8.2025

13.8.2025

2025320378

Cualedro

Rebordondo (San Martiño)

18.8.2025

23.8.2025

2025360503

Dozón

O Castro (San Salvador)

12.8.2025

13.8.2025

2025320351

Larouco

Seadur (Santa Mariña)

13.8.2025

26.8.2025

2025320341

Laza

O Castro de Laza (San Pedro)

12.8.2025

13.8.2025

2025320365

Leiro

Bieite (Santo Adrao)

15.8.2025

15.8.2025

2025320306

Maceda

Castro de Escuadro (Santa Baia)

10.8.2025

10.8.2025

12.8.2025

26.8.2025

2025320328

Maceda

Santiso (Santa María)

12.8.2025

26.8.2025

2025320373

Maside

Amarante (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

2025320401

Maside

Amarante (Santa María)

22.8.2025

22.8.2025

2025320388

Maside

Piñeiro (San Xoán)

20.8.2025

20.8.2025

2025320358

Melón

Melón (Santa María)

15.8.2025

15.8.2025

2025320412

Melón

Melón (Santa María)

25.8.2025

25.8.2025

2025320369

Melón

Quins (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

2025320316

Montederramo

Paredes (Santa María)

12.8.2025

26.8.2025

2025320347

Montederramo

Sas do Monte (San Pedro)

13.8.2025

13.8.2025

2025320359

Montederramo

Sas do Monte (San Pedro)

15.8.2025

25.8.2025

2025320397

Muíños

Requiás (Santiago)

22.8.2025

22.8.2025

2025320400

Muíños

Requiás (Santiago)

22.8.2025

22.8.2025

2025320469

O Bolo

Vilaseco (San Donato)

19.9.2025

19.9.2025

19.9.2025

20.9.2025

2025320344

O Carballiño

Lobás (Santa Ouxea)

13.8.2025

13.8.2025

2025320349

O Pereiro de Aguiar

Prexigueiró (San Salvador)

13.8.2025

14.8.2025

2025360597

Oia

Mougás (Santa Uxía)

21.8.2025

22.8.2025

2025320335

Oímbra

A Granxa (San Xoán)

12.8.2025

26.8.2025

2025320408

Ourense

Ourense

23.8.2025

23.8.2025

2025320333

Ourense

Seixalbo (San Breixo)

12.8.2025

16.8.2025

2025320360

Paderne de Allariz

Golpellás (Santa Baia)

15.8.2025

15.8.2025

2025320405

Padrenda

Desteriz (San Miguel)

23.8.2025

23.8.2025

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

18.9.2025

22.9.2025

2025320345

Parada de Sil

San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

13.8.2025

13.8.2025

2025320332

Piñor

A Canda (San Mamede)

12.8.2025

12.8.2025

2025320336

Piñor

A Corna (Santa María do Desterro)

12.8.2025

14.8.2025

2025150266

Ponteceso

Corme Aldea (Santo Adrán)

5.8.2025

6.8.2025

2025270335

Quiroga

Vilanuíde (Santo Antonio)

15.8.2025

26.8.2025

2025320394

Ramirás

Grixó (Santa Isabel)

21.8.2025

21.8.2025

2025320416

Ribadavia

Campo Redondo (Santo André)

25.8.2025

25.8.2025

2025320352

Riós

Fumaces e A Trepa (Santa María)

14.8.2025

25.8.2025

2025320371

Riós

Riós (Santa María)

17.8.2025

18.8.2025

2025320379

Riós

Trasestrada (Santo Estevo)

18.8.2025

25.8.2025

2025360440

Salceda de Caselas

A Picoña (San Martiño)

6.8.2025

7.8.2025

2025360317

Salvaterra de Miño

Pesqueiras (Santa Mariña)

28.7.2025

28.7.2025

2025320413

San Amaro

Anllo (Santiago)

25.8.2025

26.8.2025

2025320415

San Amaro

Grixoa (Santa María das Neves)

25.8.2025

25.8.2025

2025320367

San Cibrao das Viñas

Rante (Santo André)

16.8.2025

20.8.2025

2025320399

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)

22.8.2025

23.8.2025

2025320390

San Cristovo de Cea

Covas (Santa María)

20.8.2025

21.8.2025

2025320350

Sarreaus

Bresmaus (San Bartolomeu)

14.8.2025

14.8.2025

2025320385

Sarreaus

Bresmaus (San Bartolomeu)

19.8.2025

19.8.2025

2025320395

Sarreaus

Codosedo (Santa María)

21.8.2025

21.8.2025

2025320362

Taboadela

Taboadela (San Miguel)

15.8.2025

15.8.2025

2025320346

Toén

Moreiras (San Pedro)

13.8.2025

13.8.2025

2025320342

Toén

Toén (Santa María)

12.8.2025

12.8.2025

2025320375

Toén

Xestosa (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

2025150373

Toques

San Martiño de Oleiros (San Martiño)

15.8.2025

15.8.2025

2025320317

Verín

Mourazos (San Martiño)

11.8.2025

11.8.2025

12.8.2025

18.8.2025

2025320381

Verín

Queizás (San Pedro)

18.8.2025

21.8.2025

2025360593

Vilaboa

Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina)

21.8.2025

23.8.2025

2025320407

Vilamarín

Vilamarín (Santiago)

23.8.2025

23.8.2025

2025320386

Vilardevós

Fumaces e A Trepa (Santa María)

19.8.2025

19.8.2025

2025320320

Vilardevós

Moialde (Santa María)

11.8.2025

11.8.2025

12.8.2025

25.8.2025

2025320246

Vilardevós

Terroso (Santa Cruz)

2.8.2025

3.8.2025

2025320348

Vilardevós

Vilar de Cervos (San Vicente)

13.8.2025

26.8.2025

2025320311

Vilariño de Conso

Mormentelos (Nosa Señora da O)

12.8.2025

26.8.2025

2025320338

Xinzo de Limia

A Pena (San Pedro)

12.8.2025

12.8.2025

2025320363

Xinzo de Limia

Gudín (San Miguel)

15.8.2025

26.8.2025

2025320417

Xinzo de Limia

Lamas (Santa María)

26.8.2025

26.8.2025

2025320410

Xinzo de Limia

Morgade (San Tomé)

24.8.2025

24.8.2025

2025320340

Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente)

12.8.2025

12.8.2025

2025320292

Chandrexa de Queixa

Requeixo (Santa María)

11.8.2025

26.8.2025

ANEXO II

Núcleos de poboación afectados polos incendios

Concello

Parroquia

Núcleo

Código incendio

A Cañiza

A Cañiza (Santa Teresa)

A Abeleira

2025360368

A Cañiza

A Cañiza (Santa Teresa)

A Castiñeira

2025360368

A Cañiza

A Cañiza (Santa Teresa)

Curuxeiras

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

A Chan do Val

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

A Costa

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

A Perdigota

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

A Rega

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

As Corgas

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

O Carballo da Pedra

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

O Castiñeiro Longo

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

O Regueiro

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

Sibei

2025360368

A Cañiza

Valeixe (Santa Cristina)

Taín

2025360368

A Gudiña

Pentes (San Mamede)

Mesón do Purrián

2025320331

A Merca

Olás de Vilariño (Santa María)

Vilariño

2025320334

A Pobra de Trives

Cotarós (Santiago)

Cotarós

2025320337

A Pobra de Trives

Cova (Santa María)

Cova

2025320337

A Pobra de Trives

Pena Petada (Santo Estevo)

Pena Petada

2025320337

A Pobra de Trives

Somoza (San Miguel)

A Anagaza

2025320337

A Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán)

Golmar

2025270316

A Rúa

Roblido (San Xoán)

Roblido

2025320351

A Rúa

San Xulián (San Xulián)

San Xulián

2025320351

Agolada

O Sexo (Santiago)

A Costa

2025360534

Agolada

O Sexo (Santiago)

O Sexo

2025360534

Agolada

O Sexo (Santiago)

O Souto

2025360534

As Neves

San Pedro de Batalláns (San Pedro)

A Abelleira

2025360442

As Neves

San Pedro de Batalláns (San Pedro)

Lousadela

2025360442

As Neves

San Pedro de Batalláns (San Pedro)

San Pedro de Batalláns

2025360442

Carballeda de Avia

Abelenda das Penas (Santo André)

Sariñás

2025320361

Carballeda de Avia

Carballeda (San Miguel)

Saa

2025320361

Carballeda de Avia

Carballeda (San Miguel)

Vilariño

2025320361

Carballeda de Avia

Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo)

Santo Estevo

2025320361

Carballeda de Avia

Vilar de Condes (Santa María)

As Fermosas

2025320361

Carballeda de Avia

Vilar de Condes (Santa María)

Os Prados

2025320361

Carballeda de Avia

Vilar de Condes (Santa María)

Vilar de Condes

2025320361

Carballedo

Oleiros (San Miguel)

Soutelo

2025270288

Cartelle

Cartelle (Santa María)

A Teixugueira

2025320418

Castrelo do Val

Pepín (San Vicente)

Pepín

2025320335

Chandrexa de Queixa

Casteligo (San Martiño)

Casteligo

2025320337

Chandrexa de Queixa

Casteligo (San Martiño)

O Chao

2025320337

Chandrexa de Queixa

Chandrexa (San Pedro)

Bretelo

2025320337

Chandrexa de Queixa

Chandrexa (San Pedro)

O Castelo

2025320292

Chandrexa de Queixa

Forcadas (Santa María)

Forcadas

2025320337

Chandrexa de Queixa

Parada Seca (Santa María)

Parada Seca

2025320337

Chandrexa de Queixa

Parafita (San Bartolomeu)

Parafita

2025320337

Chandrexa de Queixa

Requeixo (Santa María Madanela)

Requeixo

2025320292

Chandrexa de Queixa

Requeixo (Santa María Madanela)

Zamorela

2025320292

Cualedro

A Xironda (San Salvador)

A Pedrosa

2025320335

Cualedro

Carzoá (San Roque)

Carzoá

2025320335

Cualedro

Lucenza (Santa María)

Lucenza

2025320335

Cualedro

Montes (Santa Baia)

Lamas

2025320335

Cualedro

Montes (Santa Baia)

San Martiño

2025320335

Cualedro

Montes (Santa Baia)

Santa Baia de Montes

2025320335

Cualedro

Rebordondo (San Martiño)

Rebordondo

2025320335

Cualedro

San Millao (Santa María)

San Millao

2025320335

Cualedro

Vilela (Santiago)

Lamalonga

2025320335

Cualedro

Vilela (Santiago)

Moimenta

2025320335

Dozón

Dozón (Santa María)

Rebordecovo

2025360503

Dozón

O Castro (San Salvador)

A Aldea de Arriba

2025360503

Dozón

O Castro (San Salvador)

Mizoite de Arriba

2025360503

Larouco

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús)

A Caseta

2025320351

Larouco

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús)

Freixido

2025320351

Larouco

Seadur (Santa Mariña)

Seadur

2025320351

Laza

Laza (San Xoán)

Souteliño

2025320335

Laza

Retorta (Santa María)

Arcucelos

2025320335

Leiro

Lamas (Santa María)

A Serra

2025320361

Maceda

A Costa (Santiago)

A Palela

2025320328

Maceda

Santiso (Santa María)

Calveliño do Monte

2025320328

Manzaneda

Cesuris (Santa María)

San Pedro

2025320337

Manzaneda

Paradela (Santo Antonio)

Paradela

2025320337

Manzaneda

Placín (Santiago)

Tonxil

2025320337

Melide

O Meire (San Pedro)

Penagundín

2025150373

Melón

Quins (Santa María)

Quins

2025320361

Montederramo

Covas (San Xoán)

Casar do Mato

2025320328

Montederramo

Gabín (San Pedro)

O Teixedo

2025320306

Monterrei

A Madanela (Santa María)

A Madanela

2025320335

Monterrei

Estevesiños (San Mamede)

Estevesiños

2025320335

Monterrei

Estevesiños (San Mamede)

Mixós

2025320335

Monterrei

Flariz (San Pedro)

A Caridade

2025320335

Monterrei

Infesta (San Vicenzo)

Infesta

2025320335

Monterrei

Medeiros (Santa María)

Medeiros

2025320335

Monterrei

Monterrei (Santa María)

A Pousa

2025320335

Monterrei

Monterrei (Santa María)

Monterrei

2025320335

Monterrei

Rebordondo (San Martiño)

Paradiña

2025320335

Monterrei

San Cristovo (San Cristovo)

San Cristovo

2025320335

Monterrei

Vilaza (San Salvador)

A Salgueira

2025320335

O Barco de Valdeorras

Cesures (San Clemente)

Cesures

2025320351

O Barco de Valdeorras

Forcadela e Nogaledo (Santiago)

Reporicelo

2025320351

O Barco de Valdeorras

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Fervenza

2025320351

O Barco de Valdeorras

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

O Meiral

2025320351

O Barco de Valdeorras

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Santa Mariña

2025320351

O Barco de Valdeorras

Santigoso (San Miguel)

Castro

2025320351

O Barco de Valdeorras

Xagoaza (San Miguel)

Ferradal

2025320351

O Bolo

O Seixo (Santo Anxo)

O Seixo

2025320351

Oímbra

A Granxa (San Xoán)

A Granxa

2025320335

Oímbra

A Granxa (San Xoán)

As Casas dos Montes

2025320335

Oímbra

As Chás (Santa María das Neves)

As Chás

2025320335

Ourense

Seixalbo (San Breixo)

Bemposta

2025320333

Padrenda

Desteriz (San Miguel)

Lordelo

2025320405

Pantón

Acedre (San Romao)

A Abelaira

2025270357

Pantón

Acedre (San Romao)

Budián

2025270357

Pantón

Acedre (San Romao)

Cima de Vila

2025270357

Pantón

Acedre (San Romao)

O Cotillón

2025270357

Pantón

Acedre (San Romao)

San Romao

2025270357

Pantón

Cangas (Santiago)

A Oseira

2025270357

Pantón

Cangas (Santiago)

Cima de Vila

2025270357

Pantón

Cangas (Santiago)

Güiande

2025270357

Pantón

Cangas (Santiago)

Pacios

2025270357

Pantón

Cangas (Santiago)

Vilar

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

A Chaira

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

A Estación

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

Amorín

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

Frontón

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

Lornís

2025270357

Pantón

Frontón (San Xoán)

Seragude

2025270357

Pantón

Pombeiro (San Vicente)

Penaveada

2025270357

Pantón

Pombeiro (San Vicente)

San Cosmede

2025270357

Parada de Sil

San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Barxacova

2025320345

Petín

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús)

Casasola

2025320351

Petín

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús)

Freixido de Abaixo

2025320351

Petín

Mones (San Miguel)

Mones

2025320351

Petín

Mones (San Miguel)

San Paio

2025320351

Petín

Santa María de Mones (Santa María)

Carballal

2025320351

Petín

Santa María de Mones (Santa María)

O Porto

2025320351

Petín

Santa María de Mones (Santa María)

Santa María

2025320351

Petín

Santoalla do Monte (Santa Oalla)

Santoalla

2025320351

Ponteareas

Guláns (San Xulián)

O Padrán

2025360440

Ponteceso

Corme Aldea (Santo Adrán)

A Costa

2025150266

Quiroga

Augas Mestas (Santiago)

O Fuluxento

2025270316

Quiroga

Augas Mestas (Santiago)

Parada

2025270316

Quiroga

Bendilló (Santa María)

Vilar de Mondelo

2025270335

Quiroga

Cereixido (Santa María)

Feais

2025270335

Quiroga

Montefurado (San Miguel)

Centeais

2025270335

Quiroga

Montefurado (San Miguel)

Ferreira

2025270335

Quiroga

Montefurado (San Miguel)

Os Albaredos

2025270335

Quiroga

Montefurado (San Miguel)

San Martiño de Alvaredos

2025270335

Quiroga

Quintá de Lor (Santa María)

O Freixeiro

2025270316

Quiroga

Quintá de Lor (Santa María)

San Pedro

2025270316

Quiroga

Quintá de Lor (Santa María)

Santa Andrea

2025270316

Quiroga

Vilanuíde (Santo Antonio)

As Chouzas

2025270335

Quiroga

Vilanuíde (Santo Antonio)

Vilanuíde

2025270335

Quiroga

Vilarmel (San Lourenzo)

Paradapiñol

2025270335

Quiroga

Vilarmel (San Lourenzo)

Rugando

2025270335

Quiroga

Vilarmel (San Lourenzo)

Vilarmel

2025270335

Riós

Progo (San Miguel)

Pousada

2025320320

Riós

Trasestrada (Santo Estevo)

O Souto

2025320379

Salceda de Caselas

A Picoña (San Martiño)

A Arrotea

2025360440

Salceda de Caselas

A Picoña (San Martiño)

Pedrapinta

2025360440

Salvaterra de Miño

Salvaterra (San Lourenzo)

Codesás

2025360317

Salvaterra de Miño

Salvaterra (San Lourenzo)

Lagares

2025360317

San Amaro

Grixoa (Santa María das Neves)

O Cruceiro

2025320415

San Cibrao das Viñas

Noalla (San Salvador)

Áspera

2025320333

San Cibrao das Viñas

Noalla (San Salvador)

Veiga

2025320333

San Cibrao das Viñas

Rante (Santo André)

Barreiros

2025320367

Sober

Anllo (Santo Estevo)

Castinande

2025270357

Sober

Anllo (Santo Estevo)

Hortás

2025270357

Sober

Rosende (San Miguel)

A Airexa

2025270357

Sober

Rosende (San Miguel)

Areas

2025270357

Sober

Rosende (San Miguel)

Os Ferreiros

2025270357

Sober

Rosende (San Miguel)

Outeiro

2025270357

Sober

Rosende (San Miguel)

Rosende

2025270357

Trasmiras

Vila de Rei (San Salvador)

Seixas

2025320363

Trasmiras

Vilar de Lebres (San Salvador)

A Serralleira

2025320363

Trasmiras

Vilar de Lebres (San Salvador)

Vilar de Lebres

2025320363

Viana do Bolo

Pexeiros (Santa María)

Bouza

2025320331

Viana do Bolo

Pradocabalos (Santa María)

O Castro

2025320331

Vilamartín de Valdeorras

A Portela (San Xulián)

Baxeles

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

Cernego (San Víctor)

Cernego

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

Cernego (San Víctor)

O Robledo

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

Correxais (San Pedro)

Correxais

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

Correxais (San Pedro)

Penouta

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

O Mazo (Santo Antonio)

O Mazo

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

San Miguel do Outeiro (Santo Antonio)

San Miguel do Outeiro

2025320351

Vilamartín de Valdeorras

San Vicente de Leira (San Vicente)

San Vicente

2025320351

Vilardevós

Moialde (Santa María)

Santa Comba de Baroncelle

2025320320

Vilardevós

Osoño (San Pedro)

A Veiga das Meás

2025320348

Vilariño de Conso

San Mamede de Hedrada (San Mamede)

San Mamede de Hedrada

2025320311

Xinzo de Limia

Gudín (San Miguel)

Gudín

2025320363

Xinzo de Limia

Novás (San Nicolao)

O Mosteiro

2025320363