Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», notifícaselles ás persoas interesadas sinaladas no anexo a consignación de depósitos previos á ocupación, a data de ocupación, o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto do Parque Eólico Monte Redondo Repotenciación (expediente IN408A 2020/029).
As persoas interesadas poderán solicitar unha copia da acta previa á ocupación, da folla de valoración do depósito previo á ocupación, do xustificante da súa consignación, así como o levantamento do dito depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables, e Cambio Climático, e achegarán xunto coa solicitude copia do DNI, documentación acreditativa da titularidade do predio e unha certificación bancaria que indique o número de conta para efectuar o ingreso. O importe do dito depósito previo, no caso de non ser retirado neste momento, poderá aboarse tamén no momento en que se efectúe o pagamento do prezo xusto (para o que será oportunamente citado). Este importe non se corresponde coa cantidade ofertada pola entidade beneficiaria nin coa que, no seu día, determine o Xurado de Expropiación de Galicia como prezo xusto, senón coa cantidade previa legalmente exixida para autorizar a ocupación dos predios.
Así mesmo, de acordo co artigo 24 da LEF, os titulares dos predios indicados no anexo dispoñen de 15 días desde este anuncio para convir libremente e por mutuo acordo o prezo da expropiación coa entidade beneficiaria, sen prexuízo de que en calquera fase posterior da tramitación poidan chegar a ese mutuo acordo. Cumprido o referido prazo, e de acordo co artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, as persoas titulares quedan formalmente requiridas, para que no prazo de 20 días, presenten a folla de valoración na cal concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde sobre o ben obxecto de expropiación. A folla de valoración deberá estar debidamente motivada, e poderá estar avalada coa sinatura dun perito que reúna os requisitos establecidos no artigo 31 do Regulamento da Lei de expropiación (Decreto de 26 de abril de 1957). No caso de non presentar a dita folla de valoración no prazo sinalado, esta Administración procederá conforme o establecido no artigo 30.2 da Lei de expropiación forzosa.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables
ANEXO
Relación de persoas interesadas ás que se dirixe a presente notificación
Nº expediente: IN408A 2020/029.
Denominación do proxecto: Parque Eólico Monte Redondo Repotenciación.
Beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.
Situación: concello de Vimianzo (A Coruña).
|
Predio |
Concello |
Referencia catastral |
Titular |
Data da ocupación |
|
34 |
Vimianzo |
Polígono: 30 Parcela: 730 |
Descoñecido/a |
14.11.2025 |
|
48 |
Vimianzo |
Polígono: 15 Parcela: 258 |
Martínez Mouzo Ricardo |
14.11.2025 |
|
58 |
Vimianzo |
Polígono: 15 Parcela: 256 |
Blanco López Delfina |
14.11.2025 |
|
80 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 208 |
Vázquez Mouzo José |
14.11.2025 |
|
81 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 237 |
Vázquez Mouzo Cándido |
14.11.2025 |
|
82 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 207 |
Pérez Trillo Esperanza |
14.11.2025 |
|
108 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 203 |
Insua Lema Vicente |
14.11.2025 |
|
115 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 214 |
Díaz Castiñeira José |
14.11.2025 |
|
132 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 161 |
Valiña Santos Antonio |
14.11.2025 |
|
134 |
Vimianzo |
Polígono: 16 Parcela: 159 |
Insua Lema Vicente |
14.11.2025 |
|
146 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 127 |
Suárez González Manuel |
14.11.2025 |
|
155 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 342 |
Mourelle Ordóñez Juan |
14.11.2025 |
|
156 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 341 |
Pose Bermúdez Manuel |
14.11.2025 |
|
157 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 340 |
Pose Bermúdez José |
14.11.2025 |
|
162 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 335 |
Bermúdez Torrado Ovidio, hdros. |
14.11.2025 |
|
170 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 327 |
Pose Vázquez Purificación |
14.11.2025 |
|
195 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 236 |
Mouzo Vaiña M. Gloria |
14.11.2025 |
|
196 |
Vimianzo |
Polígono: 17 Parcela: 237 |
Villar Bermúdez Cándido e outros |
14.11.2025 |
