De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, no edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, da 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 29 de decembro de 2025
Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
NIE |
Acto obxecto de notificación |
|
LU-49/2025 |
49482203A |
Acordo de inicio de expediente administrativo sancionador |
