DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2026 Páx. 5680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-OU-0045/2025-LSA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo director territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, sitas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 30 de decembro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: INC-OU-0045/2025-LSA.

Persoa interesada: 49710145S.

Acto de notificación: acordo de incoación de expediente sancionador en materia de incendios.