De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, considerarase que desisten da súa solicitude, que se arquivará logo de se ditar a correspondente resolución.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Pontevedra, 29 de decembro de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-PR212A/2025/01305 |
39496258Z GJ867683 |
